
Detrás do Arco da Vella

O 28 de xuño pasado celebrouse en Madrid, como ano tras ano se fai en todo o Estado, a Marcha do Orgullo Gai, Lésbico, Transexual e Bisexual.
Pero este ano tivo un compoñente fundamental: a capital foi elixida oficialmente como sede do Europride 2007.
Este día que xa constitúe un acto que serve para reclamar, visibilizar e celebrar a condición sexual e ao que asistiron máis dun millón de persoas tivo diversas consignas, que van desde: "Educar na diversidade, vivir na igualdade", “A liberdade sexual” e “A protección dos dereitos humanos”.
Con algúns espazos gañados e outros por conquistar fomos todos e todas convidados/as a unha grande festa cuxo sentido final é o entendemento pleno que posibilite observar que hai aínda detrás do arco da vella.
Foeminas