Portada

Plan de Igualdade
Galego Castellano

Casa da Muller

Historia de mulleres

Axenda Cultural

Galería de Arte

Mullerciclopedia

Viaxeiras

Opinionas

Conectadas

Becas e axudas

Staff

Contacto

 

Programa das
VII Xornadas locais
sobre violencia
de xénero.


Informe sobre prostitución en
Lugo.


         
   

Editorial Foeminas

 

Alcadamos xa os catro anos de permanencia na rede que é  produto dun longo camiño de encontros, desencontros, dificultades, alegrías e coñecemento. En novembro de 2005 a revista Foeminas deu os seus primeiros pasos online coa intención de abrir un espazo de visibilización ligado á vida, á historia e á experiencia das mulleres. Hoxe, pasado un tempo considerable, podemos destacar algúns destes logros en varias das nosas avaliacións. Un deles é comprobar que o crecemento que experimentou o xénero feminino na reivindicación do seu discurso, nas súas palabras, na súa voz, é hoxe un feito indiscutible. Por iso, volvemos insistentemente a presentarnos unha vez máis, traendo o que é, para este equipo de traballo, o resultado dunha construción colectiva. A nosa primeira meta está cumprida, aínda que aínda nos falte moito máis por facer e reflexionar.

O número 43 de Foeminas tráenos en Historia de Mulleres o artigo “A bibliotecaria republicana Juana Capdevielle” desenvolvido pola súa gran investigadora, a profesora e escritora Carmen Blanco. En Mullerciclopedia ofrecemos apuntamentos do último álbum de Uxía Senlle realizados por José Lemur. A Galería de Arte recorda a exposición antolóxica da fotógrafa Annie Leibovitz comentada por Luz Darriba.

A reflexión que leva por título “Esqueceume que te esquecín” ofrece unha análise sobre a ausencia de rúas que recorden a vida e a historia das mulleres. Fale dela achéganos unha homenaxe de Antonio López Fernández á cantante Mercedes Sosa, mentres que Contemporáne@ presenta a obra visual da novo poeta e artista Ana Cibeira. Para rematar, en Portada publicamos, recordando o Día Internacional pola eliminación da violencia contra as Mulleres (25 de novembro) e o Día Internacional das Persoas con Discapacidades (3 de decembro) a reportaxe de Luís Eduardo Martínez: “Dobremente vulneradas. Discapacidade e violencia de xénero”. E na nosa sección Enlazade@s presentamos “Mirada de Lince” un informe sobre a masiva campaña realizada polo colectivo feminista en resposta á campaña lanzada por sectores da Conferencia Episcopal.

 

Foeminas