Programa das
VII Xornadas locais
sobre violencia
de xénero.


Informe sobre prostitución en
Lugo.

         
   

Enlazad@s

? unha secci?n dedicada a publicar enlaces de blogs, bit?coras, portais, p?xinas e sitios na rede que se refiran a cuesti?ns de x?nero e que sexan ?tiles para expo?er e visibilizar o traballo das mulleres na rede.

?Mirada de Lince?

Luz Darriba "Mulleres Traballando"

Desde os seus inicios Internet foi unha ferramenta fundamental para difundir e expandir os discursos e o coñecemento. A rede transformouse nun espazo emblemático para dar visibilidade a distintos problemas, entre eles os relacionados co xénero.

“Posto que o feminismo está ausente nos grandes medios de comunicación, en Internet atópase o mellor instrumento para comunicar e comunicarse”1.  

É oportuno, tamén, sinalar que o ciberespacio está dominado pola cultura hexemónica sendo un dos seus trazos máis notorios a predominancia de sitios e expresións que afirman o machismo e o patriarcado. Non podemos esquecer que a “oferta sexual” que se evidencia como maltrato, dominación, exposición e explotación do corpo feminino, goza dunha acentuada naturalización facilitada polas características do libre acceso do novo medio.

No entanto, é importante remarcar que a posibilidade que ofrece Internet, da cal debemos apropiarnos, pode colaborar na ocupación simbólica dun novo espazo que antes ocupaban os medios de comunicación tradicionais. Ante a inminente falta de credibilidade, de diversidade de voces e pluralidade de perspectiva dos medios tradicionais, o colectivo de mulleres está pensando en recuperar a rede como lugar para unha comunicación máis equitativa en torno a un proxecto político máis igualitario.


“A descentralización e a democratización dos medios de comunicación convértense en obxectivos prioritarios e polas súas propias características técnicas as TIC (Tecnoloxías da Información e a Comunicación), a Internet, ofrecen un novo abano de posibilidades neste terreo”. Montserrat Boix en Feminismos, comunicación e tecnoloxías da información.

Neste sentido, pode advertirse que as TICs presentan un modelo alternativo de comunicación no que as mulleres poden e deben estar contempladas. Deste xeito, podense elaborar en e para Internet documentos, artigos, informacións, redactarse noticias e enviarse a través da rede, diversificando a recepción dos mesmos. Ademais, este medio habilita, ata o momento, o almacenamento de datos e o que conleva a soster un espazo de consulta permanente. Tamén posibilita o intercambio entre países, pobos e culturas logrando achegar as problemáticas de carácter planetario e local, nun mundo globalizado. Por outro banda, como sostén Nuria Varela, a rede permite a realización de accións creativas e de activismo social e político. Un dos exemplos máis paradigmáticos da pluralidade que esta ofrece en canto á difusión da información está dado pola realización de campañas políticas. As campañas políticas teñen a premisa de influír, a partir dunha consigna e diferentes accións, no conxunto da sociedade. Estas formas de intervención constrúen espazos de participación, que sumados á expansión da comunicación a través da rede na actualidade, contribúen á democratización das diferentes esferas: social, política, cultural, informativa, etc.


As mulleres desenvolveron grandes campañas ao longo da historia polo recoñecemento e as reivindicacións sociais, políticas e económicas; claros exemplos son as campañas polo sufraxio feminino, polos dereitos laborais, polo dereito ao aborto etc. O obxectivo fundamental é a sensibilización sobre algún tema coa intención de que sexa instalado na axenda política e/ou mediática. Hoxe, aquelas campañas onde o colectivo feminino expoñía as súas demandas nas rúas a través de manifestacións e folgas, poden observarse na rede. O espazo público ou urbano no que se visibilizan as denuncias ligadas ás inequidades entre os xéneros atópanse de xeito permanente e constante nas novas formas que asume o público representadas no ciberespacio. Isto non significa que o espazo das rúas teña que ser abandonado, xa que as campañas polo xeral se sosteñen con carteis, afiches, folletos, manifestacións públicas, accións, performances, etc., pero tamén se fan presente, e cada día con máis forza, en Internet.

Unha primeira vantaxe en función da utilización deste tipo de prácticas vinculadas coas tecnoloxías que pode advertirse na rede, valla a redundancia, é que esta desenvolve precisamente a participación en rede, a creación e difusión do coñecemento colectivo e de novos espazos de socialización e solidariedade. Estas campañas iniciadas polas mulleres a través do ciberespacio xeran un fluxo importante de adeptos e adeptas no mundo.

2009 foi un ano emblemático neste tipo de campañas: a crise financeira mundial, a precarización laboral, a violencia machista, os debates sobre a despenalización do aborto, os feminicidios, o golpe de Estado en Honduras, etc. marcaron a axenda global de xénero. Nestas accións se utilizou o virtual e o individual para acadar un consenso real, concreto e colectivo.

Unha das primeiras campañas iniciadas no Estado español, que transcendeu fronteiras, é a denominada “As Linces”, relacionada coa aprobación da nova lexislación sobre a despenalización do aborto.

“As Linces” xurdiu en resposta a unha campaña organizada pola  Conferencia Episcopal. Recordemos neste punto que existen amplos sectores que se reivindican tamén católicos, como é o caso do colectivo “Católicas polo dereito a decidir”, que se manifestan a favor da despenalización do aborto.

En función de combater a despenalización do aborto, a Conferencia Episcopal tomou a decisión de investir nunha cuantiosa campaña publicitaria na que equiparaban a extinción ligada ao asasinato dos linces cunha lexislación que institúe o principio do dereito na interrupción voluntaria do embarazo. A mencionada campaña reproduce a imaxe dun cachorro de lince na que se aprecia a palabra “Lince Protexido” á beira da imaxe dun bebé ante a pregunta “¿E eu?...” e a frase “¡Protexe a miña vida!...”,  que por oposición e fronte a fotografías do feto nas súas distintas fases atópase “desprotexido”.

A resposta dos colectivos ecoloxistas e feministas non se fixeron agardar. Os primeiros se encargaron de poñer en evidencia a hipocresía da institución eclesiástica na defensa de causas ecolóxicas e medio ambientais. Ecoloxistas en Acción, sección Huelva, encargada dos temas vinculados coa protección do lince, fixo un puntual chamamento a retirar a campaña afirmando que "falta á verdade e manipula a realidade".

http://www.elmundo.es/elmundo/2009/03/17/espana/1237310003.html

Unha das principais críticas que expuxo o colectivo ecoloxista era que ademais de que a institución eclesiástica xamais se involucrou, nin comprometeu en temas de ecoloxía, estaba utilizando a fotografía dun lince que non era de orixe ibérico, senón un lince euroasiático ou boreal, que non habita no territorio español.

Do mesmo xeito que se atende á imaxe utilizada na campaña dun lince que non é un lince ibérico tamén debería apreciarse que a fotografía do bebé corresponde a un bebé, de sexo masculino, branco, louro e de orixe europea, quizais esquecendo a diversidade e singularidade etnica  e cultural que constitúe o Estado Español. Neste punto, debe suliñarse que tomando en conta que as campañas publicitarias, a diferenza das políticas, están destinadas ao convencimiento dun determinado grupo e non á sensibilización sobre un tema, a elección do sexo do bebé e das súas características físicas non parece ser o resultado da casualidade.

Os grupos feministas, pola súa banda, desenvolveron unha contracampaña que non só tivo unha importante repercusión a nivel estatal, senón mundial. A campaña consistía principalmente en opoñerse ás expresións dos bispos e poboar a rede co logo das Linces.

'As linces responden aos bispos'

SUMATE Á CAMPAÑA E ENGADE O LOGO DAS LINCES Á túa BLOG, A túa WEB, O teu PERFIL NA REDE SOCIAL, Etc.



Esta é unha convocatoria para que nos nosos blogs, perfís de facebook, twitter, etc., nos sumemos e deamos unha resposta contundente aos bispos.


Si tes un blog ou unha web coloca o logo, escribe unha nota de resposta á campaña da igrexa xunto ao logo das Linces que hai xunto a este texto... si tes algún perfil dalgunha rede social, substitúe a túa foto co logo das LINCES”.

http://laslinces.blogspot.com/2009/03/las-linces-van-responder-los-obispos.html

Unha das características fundamentais desta contracampaña, a diferenza da realizada pola Conferencia Episcopal Española, foi a de ser absolutamente gratuita, xa que non houbo necesidade de investir en 1300 valas, 8 millóns de folletos e 30.000 carteis, elección que nada ten que ver co respecto polo medio ambiente, pretendidamente defendido na campaña.

É interesante contrapoñer as posibilidades económicas e o poder simbólico co que conta a institución eclesiástica fronte á capacidade de organización, a coherencia e a difusión que logrou o colectivo feminista coa súa campaña. Así queda expresado neste blog:

“Eles poden pagar valas publicitarias, pero nós e nós temos a rede”. http://laslinces.blogspot.com/2009/03/as-linces-van-responder-os-bispos.html

Deste xeito queda demostrado que a falta de recursos económicos non vai en desmedro da obtención de bos resultados. No blog das Linces recompílanse as adhesións e tamén se informa sobre os debates e reflexións públicas relacionados co tema do aborto. Creouse un perfil en Facebook que foi espallándose vertixinosamente, unha canle en Youtube e un usuario en Twitter. No blog rexístranse os apoios de prestixiosas personalidades da cultura, da política e do campo intelectual.

A campaña evidencia a sagacidade e a astucia desenvolvida polo colectivo feminista para aproveitar os recursos que proporcionan as tecnoloxías, facendo escoitar a súa propia voz, demostrando unha capacidade rápida de resposta xunto a unha mirada aguda que nos recorda a aquela que posúe o animal en cuestión e que utiliza para escapar do seu cazador.

Micaela Fernández Darriba

Fontes: